jueves, 28 de abril de 2016

PERE TOBARUELA VISITA O COLE

O simpático escritor catalán falounos da súa obra en galego que lemos estes días.... Unha serie de aventuras trepidantes levadas a cabo por unha brigada de formigas superespeciais que loitan contra un malvado personaxe que quere ser o amo do mundo e facer falcatruadas.







Contounos que leva dez anos en Galicia e que aprendeu falar galego cos seus veciños. Asiña empezou a escribir as súas historias no noso idioma e agora xa vai polo cuarto libro da brigada das Formig4s.
No seu próximo proxecto, as Formig4s terán como escenario as rúas de Tokio....estamos seguros de que imos pasalo moi ben lendo as aventuras nese país tan singular. Vós mesmos, cando faláchedes con el, explicastes que o que máis gustou foi a acción e os debuxos do cómic que tan ben fixo o ilustrador Andrés Meixide.
Parabéns aos dous polo fantástico traballo e moitas grazas Pere pola túa visita!!!....viaxaremos a Xapón co teu próximo libro!

No hay comentarios: